placeholder image to represent content

A hidrosfera

Quiz by Noa Sobrado Canosa

Our brand new solo games combine with your quiz, on the same screen

Correct quiz answers unlock more play!

New Quizalize solo game modes
20 questions
Show answers
  • Q1

    Que é a hidrosfera?

    A capa da Terra que está formada por distintos gases.

    A capa da Terra que está formada por auga.

    A capa da auga que está formada por terra.

    A capa da Terra que é sólida.

    120s
  • Q2

    A auga tamén está presente na atmosfera.

    Verdadeiro. Na atmosfera hai auga salgada e auga doce.

    Verdadeiro. Está presente nos mares, ríos e océanos.

    Verdadeiro. Está presente en forma de vapor e en pingas que forman as nubes.

    Falso. Non hai auga na atmosfera.

    120s
  • Q3

    Que tipo de auga podemos beber as persoas?

    Auga salgada e auga doce potable.

    Auga doce potable.

    Auga salgada potable.

    Auga doce.

    120s
  • Q4

    Fíxate no rectángulo azul. Que fase do ciclo da auga é?

    Question Image

    Evaporación

    Retorno

    Condensación

    Precipitación

    120s
  • Q5

    Cantos océanos hai no planeta e como se chaman?

    Hai 5 océanos.

    Hai 3 océanos: Atlántico, Cantábrico e Mediterráneo.

    Hai 4 océanos: Atlántico, Índico, Pacífico e Glacial Antártico.

    Hai 5 océanos: Atlántico, Índico, Pacífico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.

    120s
  • Q6

    Que tipo de auga se forma cando a auga da chuvia se filtra pola terra ata encontrarse con rochas impermeables?

    A auga superficial, coma por exemplo os mares.

    A auga subterránea, coma por exemplo os acuíferos.

    A auga superficial, coma por exemplo os acuíferos.

    A auga subterránea, coma por exemplo os mares.

    120s
  • Q7

    Que é o caudal dun río?

    É a cantidade de auga que leva. Se o río leva aproximadamente a mesma cantidade de auga durante todo o ano, o seu caudal é irregular; e se varía segundo as estacións, é regular.

    É o percorrido que fai o río. Hai 3 partes: caudal alto, caudal medio e caudal baixo.

    É o terreo por onde flúe o río. Pode ser regular ou irregular.

    É a cantidade de auga que leva. Se o río leva aproximadamente a mesma cantidade de auga durante todo o ano, o seu caudal é regular; e se varía segundo as estacións, é irregular.

    120s
  • Q8

    Un afluente é un río que desemboca noutro río principal.

    Verdadeiro.

    Falso.

    120s
  • Q9

    No curso alto...

    O leito do río é moi longo e leva moita auga.

    O río é estreito e as augas que leva van rápidas debido ao terreo montañoso de desniveis.

    A auga do río flúe amodo.

    O río é estreito e as augas que leva van rápidas debido ao terreo chá polo que discorre.

    120s
  • Q10

    Por que os ríos de Galicia adoitan ter un caudal regular?

    Porque en Galicia temos un clima subtropical que se caracteriza por precipitacións durante todo o ano.

    Porque en Galicia temos un clima mediterráneo que se caracteriza por precipitacións durante todo o ano.

    Porque en Galicia temos un clima oceánico que se caracteriza por precipitacións unicamente en inverno e outono.

    Porque en Galicia temos un clima oceánico que se caracteriza por precipitacións durante todo o ano.

    120s
  • Q11

    Os ríos que percorren só zonas de clima seco, teñen un caudal escaso.

    Verdadeiro.

    Falso.

    120s
  • Q12

    Unha vertente é un conxunto de ríos que desembocan en distintos mares e océanos.

    Verdadeiro.

    Falso.

    120s
  • Q13

    A porcentaxe de auga doce que hai no planeta Terra é dun...

    95%

    97%

    4%

    3%

    120s
  • Q14

    O Ebro é o río máis caudaloso de Galicia.

    Verdadeiro.

    Falso.

    120s
  • Q15

    O Ebro, o Xúquer e o Segura son ríos da vertente mediterránea.

    Verdadeiro.

    Falso.

    120s

Teachers give this quiz to your class