placeholder image to represent content

Ecosistemas e conservación

Quiz by Noa Sobrado Canosa

Our brand new solo games combine with your quiz, on the same screen

Correct quiz answers unlock more play!

New Quizalize solo game modes
10 questions
Show answers
  • Q1

    Un ecosistema está formado por...

    o conxunto de fauna e flora que vive na Terra.

    os seres vivos que habitan nel.

    os seres vivos que habitan nel e o medio físico en que viven.

    todos os compoñentes non vivos . Por exemplo: rochas, aire, auga...

    300s
  • Q2

    Un raposo é un consumidor primario. Verdadeiro ou falso?

    Falso. Un raposo é un consumidor secundario porque é un animal carnívoro.

    Falso. Un raposo é un descompoñedor, dado que se alimenta de restos doutros seres vivos.

    Verdadeiro. Un raposo é un consumidor primario porque é un animal carnívoro.

    Falso. Un raposo é un consumidor secundario porque é un animal herbívoro.

    300s
  • Q3

    Que tipo de animal é un voitre?

    Preeiro, xa que se alimenta de cadáveres doutros seres vivos.

    Produtor, dado que fabrica o seu propio alimento.

    Consumidor secundario, xa que é un animal carnívoro.

    Preeiro, dado que se alimenta dos consumidores secundarios.

    300s
  • Q4

    Hai máis variedade de fauna e flora nos bosques ou nos desertos? Por que?

    Nos desertos, dado que nos bosques as temperaturas son extremas e hai escaseza de auga.

    Nos bosques, dado que nos desertos as temperaturas son suaves e hai poucas precipitacións.

    Nos bosques, dado que nos desertos as temperaturas son extremas e hai precipitacións abundantes.

    Nos bosques, dado que nos desertos as temperaturas son extremas e hai escaseza de auga.

    300s
  • Q5

    Escolle a opción incorrecta.

    Algunhas industrias contaminan o aire por gases orixinados nos procesos de produción.

    Os deterxentes que empregamos para lavar a roupa son unha fonte de contaminación das augas.

    A deforestación é unha consecuencia da desertificación.

    A desertificación é unha consecuencia da deforestación

    300s
  • Q6

    A que se debe a extinción de seres vivos?

    Á captura excesiva dunha especie en concreto.

    Á contaminación, tanto do aire como da auga ou a terra.

    Todas as respostas son correctas.

    Á destrución do ecosistema no que habitan.

    300s
  • Q7

    Nun ecosistema, a extinción dos produtores pode afetar á supervivencia doutros seres vivos?

    Non, dado que o resto da fauna buscaríase a vida para alimentarse e sobrevivir.

    Si. Se non hai produtores, os consumidores secundarios non terían alimento e sería probable que tamén se extinguiran.

    Non, xa que os produtores non son animais importantes dentro dun ecosistema.

    Si. Se non hai produtores, os consumidores primarios non terían alimento e sería probable que tamén se extinguiran.

    300s
  • Q8

    Que é a biosfera?

    O conxunto de seres vivos que habitan na Terra.

    O conxunto de seres vivos que habitan nun ecosistema terrestre.

    O conxunto de seres vivos que habitan nun ecosistema acuático.

    As relacións de alimentación entre os distintos seres vivos.

    300s
  • Q9

    A acumulación de lixo e substancias prexudiciais é a...

    Deforestación

    Contaminación

    Extinción

    Desertificación

    300s
  • Q10

    Escolle a acción que non promove a conservación do medio natural.

    Pechar a billa mentres nos lavamos os dentes.

    Separar na casa os residuos, depositando cada un deles no contedor correspondente.

    Non establecer un límite de caza e/ou pesca.

    Respectar aos animais que nos atopamos cando imos dar un paseo.

    300s

Teachers give this quiz to your class